Psicoloxía

A terapia é un proceso de autocoñecemento, de crecemento persoal e do desenvolvemento da propia capacidade para atopar solucións aos problemas. Normalmente implica facer cambios, e os cambios significativos só se producen cando estamos nun contexto de confianza, seguridade, empatía e compromiso terapéutico.

Cada persoa é única e, por iso, parécenos fundamental atopar o ritmo axeitado para acompañarte, respectando o teu propio tempo e as túas necesidades.

Para nós, a sintonía na terapia implica escoitar, comprender, acompañar e estar presentes.

No noso centro ofrecémosche un espazo seguro e cercano onde conectar contigo mesmo e recibir o apoio que necesitas.

Adultos

person in black long sleeve shirt holding babys feet
person in black long sleeve shirt holding babys feet

Os nenos e adolescentes non sempre expresan o que senten con palabras. Adoitan facelo a través de cambios no seu comportamento: rabechas, dificultades para prender o sono, alteracións na alimentación ou nas súas rutinas diarias.

Estes signos poden estar a indicar un malestar emocional que cómpre atender ou poden estar relacionados cunha forma de aprender e percibir distinta, o que supón desafíos presentes no día a día e que require dun apoio individualizado.

No noso equipo avaliamos e intervimos desde o punto de vista psicolóxico e neuropsicolóxico, ofrecendo tamén un acompañamento próximo e personalizado ás familias. Traballamos xunto cos pais, ofrecendo orientación e estratexias que vos axuden a comprender mellor os vosos fillos e a fortalecer o voso vínculo con eles.

O noso obxectivo é que tanto o neno como a súa familia se sintan apoiados e atopen as ferramentas necesarias para afrontar cada etapa do desenvolvemento con confianza.

Para iso, ofrecemos un espazo seguro onde escoitamos, comprendemos e acompañamos para, xuntos, atopar o camiño máis axeitado.

person in black hoodie sitting on concrete post
person in black hoodie sitting on concrete post

Nenos e adolescentes

Tes algunha dúbida?

Se tes preguntas ou queres máis información sobre os nosos servizos de psicoloxía, non dubides en contactar connosco.